lunes, 20 de marzo de 2017

A tenda da miña tía Marisa


No edificio número 1 da Praza de España, A Farmacia de Lorente, o estanco de Serafina, a tenda de Marisa, Callón na porta da súa barbería que despois sería Fotografía Olimpio e, na esquina, a Cafetería Lar
A miña tía entre fontanedas, nocillas e frutas
En 1968 foi o último ano que a miña familia vivia na rúa San Sebastián. Vivía xunto con meus avos maternos, miña tía Marisa, miña nai e meus dous irmans nun baixo pequeno e moi humilde da rúa cega. Á mesma vez que comezabamos co negocio familiar cambiabamonos de casa e nos trasladabamonos a vivir ata a nova/vella rúa Monteleón no barrio da Moureira. A miña tia Marisa había collido un traspaso dun pequeno local que tiña o portal do numero un da Praza de España. Ali estaba o estanco de Serafina que llo traspasou ao miña tia por 50.000 das antigas pesetas, (300 euros dos de agora). Durante once anos o vello mostrador funcionou como a típica tenda de comestibles e foi un surtidor de bocadillos para os centos rapaces e rapazas que estudiaban o vello Bacharelato no Instituto Valle Inclan que estaba na Alameda.

Ali nese número un do edificio da Praza de España a tenda convivía coa Farmacia de Lorente e o estanco de Serafina, que despois do traspaso se montou no local do lado, a barbería de Callón que a mediados dos setenta se xubilaría e pasaría a ser o negocio de Olimpio os da Fotografía, e xa na esquina con riestra, a Cafetería Lar e Foto Chao.
En 1979 e ata a xubilación da miña tía o negocio familiar dou un cambio radical e pasou a ser quiosco de venta de prensa e revistas que é como en realidade case toda a xente o coñeceu. Abríase todolos días e foi un negocio moi escravo para a miña nai, miña tía e incluso a miña avoa. Máis de catorce horas de traballo durante sete días á semana con solo o domingo pola tarde para descansar. A tenda primero e quiosco despois era a miña parada para coller o bocadillo camiño do meu colexio Academia Cervantes na Praza Méndez Núñez e a miña última parada, tamén, para ir comendo calquera cousa camiño da miña casa en Monteleón. Hoxe co edificio reformado xa non queda rastro de que alí durante máis de coarenta anos estuvo a tenda da miña tía Marisa e cada vez que paso por allí veñenme os recordos da miña infancia.
En 1979 a tenda pasou a ser quiosco de prensa. Na imaxe os "veciños" na inauguración, Mari Carmen a da farmacia, os nenos Dani, neto da estanqueira Serafina e Fátima a filla dos do Lar, detrás désta, Pepita a súa nai e dona da Cafetería, ao lado Lolita a filla de Serafina, Jesusa que traballaba no edificio e Maribel.
Pola esquerda, miña avoa, Maribel a de Olimpio co seu fillo en brazos, Marisa, e detrás do mostrador, Fatima a "nena" do Lar  nunha imaxe xa do quiosco.

No hay comentarios:

Publicar un comentario