Vecinos del barrio de la Virgen del Camino.


O tren circulando polas vías de Eduardo Pondal, a esquerda, o muiño que tiña a casa da familia Roel, detrás a ponte onde subíanse os nenos do barrio para que o fume da cheminea do tren os votara cara atrás. O da foto, o Sr. Redondo.



Os irmáns, Lupe, Arturo e Paco
subidos o muiño de vento da
casa familiar.
Había un muiño de vento na casa paterna que a nos de cativos parecianos que chegaba ao ceo do que sacábamos auga que era a envexa do barrio, e na calor do verán viñan os veciños cas garrafas a buscala, había na finca camelios e magnolios que cando florecian servíanos aos rillotes de referente para decatarnos do final da tristura do inverno cando un mundo enchiase de flores no agromar do bo tempo ca primavera co tempo de lecer de xogos no barrio da Virxen do Camiño, o noso barrio, daquela sen asfaltar, lembro cando xogabamos ao fútbol, a portería era un portalón de madeira dunha constructora que había donde agora atópase a rúa Uxío Novoneira e a carón do barrio o noso espazo preferido era o río dos Gafos, daquela ainda sen tapar no seu paseniño debalar por Campolongo, o noso espazo de xogos e aventuras de baños na calor do verán na Tablada e Entrerios, a nosa despensa no tempo dos Maios para apañar flores, fiunchos e espadainas, e mentrasto, e flores ventureiras, rapiñar froita na daquela abondosa finca do marqués de Riestra, e hervos polo San Xoán e carrexar ponlas de ameneiros e bidueiros para a fogueira, e xogos de trompos e bolas.

A rúa Virxen do Camiño, cando a vida se facía na calle.






















Antonio e Tina, pais dos Roel na
vivenda familiar.
Ainda non existía a rúa de Eduardo Pondal e polo centro do que é hoxe a rúa pasaba a vía do tren, e a carón do noso barrio pasaban as locomotoras de fume, e donde está agora a rotonda había unha ponte e a nosa aventura máis grande era poñernos na varanda de pedra e que o fume da cheminea nos tirase para atrás, preto de ali tamén houbo unha caseta de arbitrios donde as xentes do campo e leiteiras tiñan que pagar un imposto por vender a sua mercadoria na cidade, había preto do cruceiro vello un vello pereiro donde polo verán pousaban as vacalouras, daquela no barrio había prados donde coller grillos con unha palla e toupeiras e gatuñar polas árbores e facer cabanas e vimbieiros para fabricar arcos e espadas e canabales para as canas de pescar e ollar onde aniñaban o pardal o verdeirol ou o xilgaro e escoitar nas aourelas do río cantar o cuco alá entre marzo e abril e pescar rans cun anaco de trapo roxo nun anzó feito dunha punta nunha poza donde agora atópase a estación de autobuses, ollar o maxestuoso voar cheo de acrobacias dos estorniños, a miña nai decianos que era cando os paxariños ian de boda, tiña  o barrio duas tendas a de Manolo e a de Arximiro das de sempre das de mercar ao fiado, do zucre e a fariña envolta en papel de estraza eo aceite por cuarterón e achoucheres e lambetadas para os cativos, dúas tabernas, a Porcona que se atopaba un pouco máis alonxada de onde se atopa agora, contábame o meu pai que o alcume venlle de cando tiña o chan de terra e de tapas puña marisco de cuncha e daquela tirábase todo ao chan eo Enchufe, unha taberna entrañable que era como a casa do povo do barrio, donde as mesas eran os bocois do viño, tiña unha lareira donde sempre había chourizos pendurados a secar coa fumeira de loureiro nos chamábamoslle o café do fume, por ali pasaban poetas músicos, oubo teatro e cando viñan os titiriteiros e actuaban na rúa o camerino era a trastenda do Enchufe e na invernia cando chegaba ao barrio para nos un persoeiro máxico, o agardenteiro, tamén era na taberna como un alquimista ao redor da pota preparaba o brebase que a nos parecíanos máxico, nos alcumabamoslle o druida.


Na imaxe darriba, tomando uns viños no "Enchufe" que despois sería o Bar Soto. Sobre estas liñas, os irmásn Roel, Arturo, Paco, Quico e Antón. A dereita, Manolo o da tenda, que xunto coa tenda-estanco de Arximiro  "el carabinero" abastecían o barrio.






















Celebracións como as da Comunión de Carlos Fiuza, servian para xuntarse cos nenos do barrio. Na foto por ali andaban: "Babi" Quintillán, Santi, Mª. Esther; Rosmary, Paco, Lupe e Arturo Roel, Marité, Manolito Miranda, Victor e Carlos Fiuza e Marví e Victor.
O barrio era o noso mundo e xa non precisábamos doutro, eran tempos de pan de figo, café de pota, leite e po e tenda de mercar ao fiado, de estrear roupa nova no domingo de ramos, de cine de barrio os domingos, de loitas de pandiñas contra os do Gorgullón, os da Seca, a Eiriña, os de San Antoniño, os da Ferreira, de cando íamos ao centro na festa dos Maios, a ledicia cando un era o elexido para cantar o Maio dende dentro e os compañeiros facerlle o coro arredor ea alegría cando en tempo de fame gañábamos unha rosca e pendurábamos o maio gallador ao rio dende a ponte da Tablada, as festas da Peregrina na alameda na baranda donde se atopan os azulexos de Sobrino coas nosas nais ollando a saida dos touros, cos cabaliños de cartón pedra, e escoitar as orquestras con Jhon Balan e os Yankis e os xiantes e cabezudos e as tómbolas e as mazas de caramelo e amendoas garrapiñadas. Era tanto o noso barrio que agora no outono das nosas vidas remexemos no fardel da memoria e nos lembramos dos momentos mais felices sempre aparecen a nosa infancia e xuventude como os millores e xentes, lugares, casas do noso barrio que xa non existen, pero cando nos lembramos ainda nos fan coxegas no corazón./ Texto: Antón Roel Villanueva.

Imaxes da colección de fotografías de Carlos Fiuza:

Ana Codina y Jose desde el alto del Gorgullón, donde está el centro de recuperación FIMEGA.

Angeles, Susana Fortes, Geles, Rosa (en su primera comunión), Chus, Bouza, Carlos Fortes, Suso y su hermana, Mª Carmen, Isabel, Maribel, MariLuz, Cota, Inés, Marisol, Julia, Amadeo, la niña María, Diotina, Pili, Clarita, Eladio, Isolino, Alejandro, Rosita, Isaac. Imagen delante del crucero enfrente del Hotel de la Virgen del Camino.

Antón Roel, José Fernández, Kiko Roel, José L.González, Carlos Vidal y un desconocido cumpliendo con el Jubileo en Santiago.

Carlos Fiuza, en la calle  Virgen del Camino, delante del CICA, al fondo el crucero y el molino de viento de los Roel.

Chelito la del "Bar Enchufe” con sus primos los Nogueira de primera comunión, en el cruce Virgen del Camino con la calle José Casal.

 Familia Castejón. Ana, Manuel Carlos, Ermitas y Beatriz en el final de la calle Virgen del Camino, donde está hoy el Supermercado Moldes.

A casa da familia Crespo. Non fai moito tempo que foi derruida. Hoxe, nese lugar está Moldes, Chus Valiñas, Teletinta, etc


Fogueira de Xan Xoán no Gorgullón.


Mei Názar diante do Hotel Virxe do Camiño . Pódese ver a ponte onde hoxe está a rotonda de Uxío Novoneira. Ao fondo Rúa de Eduardo Pondal. Á dereita O Gorgullón.


Luis Ferro, Cholo, Manolo, Juan e Rafa Cuiña. Rapaces da Virxe do Camiño.



Jose e Pepe Pontevedra no final da rua Eduardo Pondal onde está hoxe Vialia.


Javier e Carlos na vendimia na casa dos Roel.


Lupe Roel, Marisol, Mª. del Carmen, Mei Nazar y Chelito.



Mª del Mar, Zalo Quintillán, (non sei que é a terceira convidada).


Marivi e Maruxa (Primeiros intentos para simular pantalóns).


Marisa, Mª Carmen Loureiro, Maribel e Isabel, no cruce Virxe do Camiño, Xosé Casal


Mariví, Marité, Victor e Carlos diante do Centro Cica na Virxe do Camiño.


Merche Soliño, Luis Parada, Torrado, Tito Soliño, Carmiña, Roque (A Moda), Mujer de Centeno, Quino Portas, Perfumería Rosendo, Ana Maquieira, Mucha Soliño. Disculpas para os que non están recoñecidos.


Mitas, Zalo, Javier Quintillan, Mª del Mar , Mª Luz y Chelo Fernández, y Marian nas Palmeiras en Abril de 1960.


María del Mar dalle a Victor un recordatorio da súa 1ª Comunión na Rúa Virxe do Camiño (enfrente de CICA). Ano: 1960.


O Sr. Redondo (Lorenzo) na rúa Eduardo Pondal  cando ainda pasaba o tren pola rúa, a altura da primeira oficiña do Inem. Aprox. 1954.



Pepe Patamina, Aurelia, Sr. Dolores (Brais), Benjamín (O Enchufe), Dolores (Ourense), Loureiro, Delaiña, Riveiro (Fontanero) e Angelito (Electricista), na primeira taberna "O Enchufe" na rúa Virxen do Camiño. Despois a taberna trasladóuse onde hoxe está o Bar Soto.


Pepe Vilas, a súa nai a Sr. María e o seu fillo Sese no cruce Xosé Casal-Virxen do Camiño (Diante da cafetería Le Coin). Aprox. 1960.


Pepe, Mitas e Javier Quintillán, Victor, Marivi e Vitito Fiuza na praia de Portocelo en Marín.


Pilar, Mercedes, Fernando Capelo, Jose, Mª Carmen e Carlos Estévez na Rúa Sagasta.


Primeira Comunión de Carlos. Ademáis: Javier (Babi), Santi, Paco, Victor (Vitito), Arturo, José Andrés (Sesé) y Marivi.


Rosi Torrado no cruzamento das rúas Sagasti, Peregrina, Andrés Mellado.


Sagrario e Juan, dos nenos non sabemos nada. Cruzamento de Xosé Casal coa Virxe do Camiño. Pódese ver que o Estancio, a casa onde está o CICA e mai-lo Hotel teñen unha soa planta.


En San Cibrán. Nieves y Angelines Campos, Mariló, Carlos Vidal,Pepe (Don José), Pepe (Peluquera), Juan Maceiras, Jose Ojea, Kilo e Antón Roel. E máis que non podemos recoñecer. Sentímolo.


Sesé e A Parrula Vilas na finca da familia Roel (Hoxe “Panadería O Río” en Eduardo Pondal).


Unha das famosas xuntazas das mulleres da nosa rúa: Manolo, Felicitas, Desusa, Tita, Teresa, Julita, Isabel, Nena, Leonor, Fefa, Tina, Esmeralda, Mª Jesús, Evangelina, Lila, Luisa, Teresa, Pacita, Amalia, Maruja, Fina, Pitusa, Tita, Maruja Pontevedra, Lolita, Norita, Fita, Esther, Montse, Julita e Marisa. Prego disculpas ás que estén pero non puiden recoñecer.



Unha merecida homenaxe a TOBIO: o artesan do calzado da Virxe do Camiño.


Unha pequena homenaxe a quen nos resolveu moitos apuros de última hora: Manolo o da tenda da Virxe do Camiño.


Victor y Carlos diante do Hotel Virxen do Camiño. Aprox. 1969.



A Rúa Virxen do Camiño, enfrente de CICA.