martes, 14 de marzo de 2017

A Praza da Pedreira

Mulleres diante do arco de entrada da Pedreira desde a rúa César Boente
Outras das magníficas imaxes que o fotografo alemán Otto Wunderlich plasmou no século XX na súa estancia pola xeografía pontevedresa, a Praza de Mugartegui máis coñecida popularmente como da Pedreira. Na miña opinión un dos recunchos máis bonitos de Pontevedra, aínda que "outras se leven a fama, e lugar de xogos moitas veces na miña niñez xunto á chavalada da Praza da Verdura. Aí estivo tamén a Academia Jovellanos e aí ensaiabamos alá por finais dos sesenta algunha vez que outra os bailes dos cabezudos para as Festas de Santiaguiño do Burgo e da Peregrína ainda que ao final o meu avo nunca me deixaba sair na procesión...

Como conta Juan Juega Puig no seu libro sobre as Rúas de Pontevedra: "A Praza da Pedreira alude a unha rúa ou praza enlousada, en contraposición ás rúas sen pavimento, como era normal na Idade Media e  aínda na Moderna. Algo que sucede coa dos Caas e en contraposición á do Barral, que converterían as chuvias nun auténtico lamazal. Que a pavimentación pétrea dea nome a unha rúa debe relacionarse co insólito deste feito dentro do que é unha poboación medieval; este pavimento evitaba o continuo encharcamento debido á proximidade do río Lérez coas súas constantes enchentes".


Imaxes de Otto Wunderlich na Fototeca Nacional de España

No hay comentarios:

Publicar un comentario