domingo, 13 de abril de 2014

O Domingo de Ramos día de estreno.

Co meu irmán e como mandaba a tradición, coa
palma na man, ropa de estreo e zapatos charol.
Agora xa non é como cando nós eramos nenos e os días antes do Domingo de Ramos os pasabas probando a roupa que ías estrear na Praza de Ferrería que por aquél entonces convertíase nun auténtico "salón de moda". Todos temos no album de fotos familiar esa imaxes de punta en branco, zapatos de "charol" e a palma na man que inmortalizaban aqueles fotógrafos de rúa, antes da bendición, desde o adro de San Francisco. Despois ías a pegarlle á burrita, aínda que moitas veces, case sempre, lle dabas a Diego, veciño meu na calle San Sebastián e que traballaba para Juan no "Bar Coral" e que era o encargado de tirar da imaxe do Cristo na Burrita polas rúas antigas de Pontevedra. A Libraría do "Orellas", en fronte das Ruínas, pasábanse toda a semana confeccionando aquelas palmas ornamentadas e que poñían á venda asi como a entrada da Praza do Pescado ou a Ferrería convertíanse nunha exposición delas. A televisión, en branco e negro, nos inundaba con longametraxes de películas sagradas como "Ben Hur", "Los Diez Mandamientos", "Quo Vadis", a "Túnica Sagrada", ou máis de andar por casa como "Fray Escoba" ou "Marcelino Pan e Viño". A música estaba prohibida a non ser que fose "clásica", dos "guateques" nin falamos, e o venres a carne nin probala non fora a ser que acabaras no inferno. No barrio, os amigos, entre os que se ían á "aldea" e outros de vacacións, quedábaste só e non tiñas máis remedio que pasar o tempo vendo as Procesións. Menos mal que pronto chegaba o Luns de Pascua para ir de romaxe a San Cibrán e acabar a "pedradas" coa a Ermida. Abaixo, o video que fixo a Xunta Coordinadora da Semana Santa e realizado por Miguel López sobre a "Pasión" a través dos anos en Pontevedra.

1 comentario:

  1. http://diariodepontevedra.galiciae.com/nova/324008-debe-defender-pontevedra-capitalidad-frente-vigo

    ResponderEliminar