viernes, 24 de agosto de 2012

A xitana de San Francisco.

Grazas ao muro do Facebook de Antonio Costa onde hai colgado unha fota de Rosario, a xitana de San Francisco, entereime que morreu o pasado mes de xullo Rosario, que é así como se chamaba esta muller. Tiña "mala" fama pero era un dos personaxes coñecidos da nosa vella Pontevedra. Recórdoa sempre sentada nas escalinatas da igrexa vestida de loito con aquel inmenso cesto de vimbio no que nunca souben o que levaba. Sempre nos abordaba co seu "moreno dáme algo" e algúns procurabamos evitala ou cambiar de beirarrúa cando iamos "tesos". Algunha vez que outra lle soltei algunha peseta e a muller empeñábase en botarme a boaventura dicíndome que ía ter moita sorte e cambiarme a vida, outras, cando non lle dabas nada procurabas non escoitar o que che estaba a maldicir. Foise con 97 anos o pasado 16 de xullo e a nosa cidade perde a un dos rostros populares dende fai moitos anos.

Foto: Antonio Costa.

4 comentarios:

  1. non se perdeu nada,era unha mala persoa.

    ResponderEliminar
  2. Mais ben a bruxa de San Francisco

    ResponderEliminar
  3. Yo la recuerdo a ella y a su marido, el Sr. Ramón, con los caballos que tenian en la junquera de Lerez, y ellos y su prole numerosa, escarbando en el cobo para apañar cuatro trapalladas. Ellos vivian en O Vao, en las casas que D. Peregrino y Dorita Riestra autenticos valedores suyos, le habian procurado (¿Total para que?) pero se movian por las inmediaciones de El Burgo pues bebian en el Bar de A Devesa y hacian sus tratos junto a la capilla y por detrás del pabellon

    ResponderEliminar