viernes, 28 de abril de 2017

Manuel Otero Cotobad, "Corea".

"Corea" na fonte da Ferrería/Foto: Jose Valero
A memoria da nosa cidade está chea de persoaxes entrañables, os da miña xeración xa case todos falecidos, para moitos foron un referente, para outros pasaron desapercibidos e, afortunadamente, para todos están na memoria dos nosos recordos. Nunca formarán parte dos libros de historia nin recibirán honras pero para iste servidor e este humilde blog sempre terán un oco para lembrar a todas esas xentes tan populares da nosa querida Pontevedra. 

Fai xa uns cuantos (moitos) anos dúas persoas decidimos, crear o "Diario del Domingo" un suplemento que se editaba todos os domingos de hai 25 anos no "Diario de Pontevedra". Desde esas páxinas intentabamos dar cabida a toda esa serie de personaxes populares que andaban pola nosa cidade. Un deles era Manuel Otero Cotobad, que dito asi non lle soará a ninguén xa que todo o mundo coñecíao como "Corea". Era natural de Mirón no Concello de Pontecaldelas e podiámolo ver polas rúas de Pontevedra con esa coxera conxénita que él tiña e a súa cabicha de tabaco na boca. A súa vida foi moi humilde e moi dura a partir dos doce cando quedou orfo de pai e nai. Tivo moitos anos á rúa como única compañeira e, o comedor social, unha sesta na terraza do Carabela, facer recados ou vender lotería era o día a día deste bo home ata que se ía a durmir. Manuel xa hai moitos anos que nos deixou e seguro que nalgún lugar de por aí arriba formará parte deses persoaxes da nosa querida Pontevedra.

Fotos: Jose Valero


1 comentario:

  1. Mi amigo "COREA"...Y otros personajes que esta Ciudad nos ha dado,merecen, amigo Valero, un "especial" sobre ellos. Qué decir de COREA...Amigo de los que lo conocíamos y nos parábamos con él para saludarlo,preguntarle lo de siempre..¿Qué tal? y cosas así...Pero Manuel Otero,"Corea",era mucho más:Nos quería. Quería a las personas que se acercaban a él y le daban su cariño. Era un niño grande. Agradecía una sonrisa, él también la regalaba cuando estaba contento.Le tengo dado tabaco (era un fumador empedernido)en los años 80. Una anécdota: Un primero de año de 1983,a las 12,10 de la noche en el Café SAVOY,lo invité a lo que quisiera tomar,(era su Santo), y Luis(Q.E.P.)el "medallas",Gerente en aquella época del Café, no se la quiso poner. Le llamé la atención y con la misma nos echó a Corea y a mí,bajo amenaza de llamar a los "grises". Que buenos tiempos! Ahh..en sus últimos años,cuando me veía,nos saludábamos,le reñía por el jersey todo quemado por la ceniza de los pitillos que "devoraba", y él, con una sonrisa pícara y enternecedora me decía: Tonio...Cando facemos unha chourizada? Descansa en paz meu amigo!. Valero, me emocionaste con tu recuerdo al amigo Corea. Como siempre,muchas gracias y a seguir!

    ResponderEliminar