sábado, 14 de junio de 2014

Pechecho.

Eulogio Vázquez dirixindo unhas verbas a Pechecho o día do seu homenaxe.
Coñecin a Raimundo Piñeiro xa fai máis de coarenta anos, cando sendo rapaz, uns dos meus soños era xogar no Pontevedra. Claro que, daquela, entrar a formar parte da base do clube granate era bastante complicado e era facer probas e probas tódolos sábados na Xunqueira. Había deixado o equipo do "noso" barrio ao que chamábamos o "Chelsi" para achegarme ata a Sastrería do Burgo entre o negocio de Tilve e a capela de Santiaguiño, ali estaba Raimundo Piñeiro coñecido popularmente como Pechecho, aquel home pequeno e de ese falar tan característico ao que me dirixin para decirlle que quería "fichar" polo Lérez. Esa foi a primera vez que falei co que foi durante moitos anos Presidente do clube do Burgo a pesar de que o meu intento por fichar polo equipo lerezano foi fallido. Logo coincidiríamos moitos veces nos partidos de rivalidade local cando xa formaba parte da base do Pontevedra CF.

Pechecho, xa fai anos retirado do mundillo do fútbol, formaba parte de ese tipo de xente que, desinteresadamente, robabálle tempo ao seu traballo para adicarlle ao seu club, o Lérez, e sen colgarse medaias. Grazas a Jose "Mazinguer" e Marra recuperamos o video homenaxe no que o Clube Deportivo Lérez impúxolle a medalla de ouro da entidade ao o que fora o seu presidente durante tres décadas. Ali como recoñecemento estivo representa toda a xente do fútbol pontevedrés de sempre. E para min é moi emotivo volver a ver persoas que xa non están con nós como Monchiño, o que fora zapateiro do Pontevedra ou Piñeiro o conductor do microbús que nos levaba por esas carreteras adiante cando formábamos parte da base granate.

1 comentario:

  1. Veo a mi mejor amigo, Antón Alfonsín. También a Diego Murillo, que no tuvo inconveniente en tratarme siempre con amabilidad a pesar de nuestras diferencias políticas.

    ResponderEliminar