sábado, 2 de febrero de 2013

Aeromodelismo no Pazo de Campolongo.

En 1956 celebrábase nas instalacións polideportivas do expoliado Pazo dos Marqueses de Léis o Campionato Nacional de Aeromodelismo. As cámaras do NODO achegábanse ata Pontevedra para grabar o evento e difundilo a través de todalas salas cinematográficas de España. Gracias aos archivos recuperados por RTVE podese ver o histórico Pazo de Campolongo que foi levado para a Casa de Campo de Madrid e convertido hoxe en día nun Restaurante. Algo deberían facer as "forzas" políticas da cidade para volver a recuperar un troziño da nosa historia e que poida voltar a onde nunca debeu sair.

No hay comentarios:

Publicar un comentario