martes, 16 de octubre de 2012

A Pontevedra do 1961.

Unha vista xeral de Pontevedra no ano 1961 no que o tren ainda partía a cidade en dous atravesando o Paseo de Colón cara a ponte de ferro sobre o Lérez e camiño de Santiago, faltarían cinco anos para que entrara en servizo a "Estación Nova" que coñecemos hoxe en día. Rúas como Pardo Bazán nin existían e no campo do Boi había "algo mais" que casiñas mariñeiras. Era a Pontevedra que chegabas ata o Hospital Provincial, onde comenzaba a Eiriña, e xa estabas no extrarradio, o mesmo que se cruzabas o Gafos mais alá da vella estación de Campolongo e eran as aforas. Na alameda pódese ver o antigo cafetín e, nas rúas do lado, moitas casas "nobres" que, desgraciadamente, a piqueta levou por diante dando paso, anos despois, a inmensas moles de cemento. O Ambulatorio nin se construíra.


1 comentario:

  1. Tengo unas láminas de Pontevedra en siglos anteriores al XIX (en el ordenador) que podría pasarte para este blog tan bien hecho. Otra cosa es que sea capaz, pero supongo que alguien me ayudará. Dime si es de tu interés y la forma de enviártelas. Un saludo.

    ResponderEliminar