Dúas imaxes con mais de cen anos de diferencia, a Pontevedra mariñeira reflexada na primeira foto das Corbaceiras, onde o mar case que entraba nas casas dos veciños da vella Moureira, e a mesma imaxe, mais de un século despois, onde ainda se poden ver tres casiñas da foto orixinal de Zagala. Aperos mariñeiros, peiraos, o taller de Pazó e, o fondo, o monte do Taco na desembocadura do Gafos indicaban que Pontevedra tivo presente durante moito tempo o mar. Cos recheos, a ponte e a construcción da carreteira de beiramar, foise perdendo esta identidade, e nos anos 70 as Corbaceiras pasou a ser mais coñecida polos restaurantes que alí había e onde se podía xantar unha chea de marisco. Alí estaban o "Rúa", coñecido patrocinador dun histórico equipo da nosa cidade como era o Nodales, o seu lado "Casa Digna" que aínda segue o pe na actualidade e xa o desaparecido bar do "Rache". Para os que eramos nenos do barrio da Rúa Nova a zona era motivo de moitos partidos de "rivalidade", alí xogábamos a finais dos sesenta e comezos dos setenta na explanada que había diante dos restaurante contra os fillos do que fora gran capitán do Hai que Roelo, Nito e Cholo e toda a rapazada daquela nas Corbaceiras.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
A "parva" do Gremio de Mareantes.
O pasado domingo, Pontevedra viviu unha das súas xornadas máis tradicionais e arraigadas coa celebración da «parva» do Corpus , organizada p...
-
Zona totalmente desconocida en la actualidad, situada entre la calle Sierra, Cobian Roffignac y el Convento de San Bartolomé. El Hogar Provi...
-
Adonis junto a su amiga Olguita en 1973. Corriamos asustados delante de "Manoplas", cabreábamos a "Neno" con su Dep...


Lo primero era pobreza y lo segundo especulación y paletismo.
ResponderEliminar