Alineación dun dos equipos históricos da nosa cidade, o Lérez. Imaxen dun partido xogado no vello estadio de Pasarón o día 23 de febreiro do 1958 no que se enfrentaba a outro dos equipos mais populares de Pontevedra, o "Nodales", a os que gañaron por 4 goles a 2. A formación que presentóu o equipo lerezano ese día contra os "capitalinos" foi: (De pe e pola esquerda) Galiano, Isidoro, Chanón, Hermida Ferro e Naldo. Agochados; O masaxista (descoñezemos o nome), Madriles, Nine, Marcial, Reinaldo e por último, toda unha sorpresa pa min, o meu tío Pepe, apodado o "Ondas" e que traballaba de barbeiro na peluquería do Burgo na aquel tempo. Grazas a "Foro" por remitirme estas verdadeiras xoias para que as poidamos disfrutar e recordar todos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario