lunes, 10 de septiembre de 2012

Tempos de vendimia.

Vista xeral da Pontevedra de 1970.



Chegaba o mes de setembro e atrás deixábamos o tórrido verán, acabábanse a playa e as festas  e entrábabamos no outono. Neste mes era tempo de vendimiar na finca que tiñan os pais dun rapaz do barrio, Monchiño Pintos o fillo de Ramón o xardineiro que vivían ao pe da trincheira do ferrocarril pola actual rua do Paseo de Colón. Recollíamos a uva na propiedade que tiñan ao lado do "poblado" xitano no Vao, alí pasábamos uns días debaixo das parras e a mín encantábame subirme aqueles cubas cheas de uvas e pisalas. O mellor chegaba ao final da xornada cando dábamos boa canto de aqueles tremendos bocadillos de queixo con membrillo e chourizo.
Co final de agosto iniciábase tamén a liga de fútbol do noso pontevedriña, en 1970 deixaba atrás a etapa gloriosa do "hai que roelo", ainda que quedaban nomes como Irulegui, Calleja, Neme e Roldán, e comenzaba unha nova andadura pola nova competición, a Segunda División. Ata o vello Pasarón achegábamonos para animar os nosos ídolos, recordo que era socio infantil da grada de Preferencia con aqueles curiosos carnets feitos na imprenta de Portela e que case que non cabián no bolsillo e en cada partido na casa había que irlle quitando unha folla como se de un calendario tratárase.

As pistas da "Panificadora" nun partido entre o Teucro e o Vulcano.
Tamén estaban os partidos do Teucro que había pasado de xogar no campo da "Panificadora" na rua Arzobispo Malvar ata o novo Pavillón dos Deportes no barrio do Burgo. Tremendos, e cheos de xente nas gradas ao aire libre, eran os partidos de rivalidade contra o "Vulcano" de Vigo na aquelas vellas pistas.
No barrio, apenas había luz, dous ou tres postes como moito, aínda estaban os pontes de ferro pero xa non pasaba o ferrocarril polo Paseo de Colón que se había convertido en un auténtico estercoleiro. Faltaban un par de anos para que adoquinarán a Rua Nova de Abaixo e comenzaran os recheos da trinchera que habían deixado as vías do tren. A principios dos setenta era toda a zona de terra e chea de silvas e alí xogábamos aos trompos e as bolas.
O que si chegaba no mes de setembro era a volta os colexios, no meu caso a Academia Cervantes que o dirixía Manuel Abalo e que estaba na Praza Méndez Núñez. Co inicio do curso eu compraba os libros de texto, ainda que non todos xa que servían dun ano pa outro os de meu irmán, e as libretas e lapiceiros na Librería de Pondal na calle Michelena. Durante este mes as clases eran so pola mañán ata o mes de outubro que iniciábase a tempada de inverno e xa eran mañán e tarde. Así voltaba a rutina dos estudios todolos días e desexando xa que chegaran as vacación do Nadal, claro que os fines de semán sempre tíñamos as sesión infantís dos domingos no "Malvar" para olvidarnos un pouco de todo esto... algo era algo.

























Sobre estas liñas, tres imaxes do rapaces da Academia Cervantes (o meu colexio). Na Primeira foto, diante da escola na Praza Méndez Núñez, todolos alumnos do curso do 66/67, e as dúas seguintes, nunha excursión de mestres e alumnos a Santiago de Compostela para gañar o "xubileo".

2 comentarios:

  1. En la fotografía del medio me parece ver a Don Manolo, con una cámara fotografica, aunque me parece demasiado joven. Un verano en esa academia me enseñó bien lo que era recibir golpes, pero nada más.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. El que tiene la cámara fotográfica era el profesor Jose y detrás de él la maestra de parvulitos Raquel. Saludos.

      Eliminar