miércoles, 5 de septiembre de 2012

O vello camiño do Rouco.

Asi era xa fai moitos anos a que coñecemos hoxe como Cobián Roffignac a rúa que abría e comunicaba a antiga calle do Progreso (Benito Corbal) coa de Santa Clara. Na vella fotografía pódese ver a parte posterior da igrexa de San Francisco ainda coa galería onde vivían os frailes cando chegaron de novo a principios do século XX. Os que eramos nenos nos sesenta seguro que recordan o terraplén que había detrás dos franciscanos, onde estaban as instalacións de bombeiros e antigamente cuartel vello (hoxe o comedor de San Francisco) e como nos tirábamos ata abaixo con cartóns rachando a maioría das veces os pantalóns e como ese lugar servía para fumar os primeiros "pitillitos" que comprábamos a María a do carrillo na Praza da Ferrería.




Sobre estas liñas, a zona na actualidade.

1 comentario:

  1. Si la fotografía de abajo se extendiese más hacia la izquierda ser verían las casas que se permitieron, tapando el ábside de la iglesia de San Francisco.

    ResponderEliminar