Eran as ligas locais, na década dos setenta. Non había a cantidade de campos de entreno que hai hoxe en día, daquela nos conformábamos con A Xunqueira e o vello campo da Federación en Marcón, tampouco había luz e moito menos auga quente nos vestiarios, o céspede nin cheiralo, pero eran campionatos familiares, nos coñecíamos todos, e o que ten Pontevedra ao ser pequena, se non nos víamos "xogando" nos encontrábamos despois na Ferreria. O Lérez dos Pechero, o Salgueiriños de Carlos, o Nodales de Chito, o Mourente de Rianxo e Piño que xunto co Marcón e o meu equip,o o Pontevedra, xogábamos partidos caseque de barrio, onde moitas veces "saltaba" a rivalidade. Na imaxen darriba que me cede "Foro" un dos nomes ilustres do fútbol pontevedrés, podemos ver a moita xente coñecida da nosa época no campo de Pasarón, o Mourente que vestía igual que o equipo granate, nunha formación cando se xogaba a Copa Pontevedra alá polo mes de xuño. Por alí andaban no ano 78, de esquerda a dereita: Cipol, Julio, Carballeda, Ovidio, Leandro, Carlos, Piño e Devesa. Acochados: Vilariño, Tino, Rogelio, neme e Josiño. Na foto dabaixo outra formación, esta do ano 1974. (Pola esquerda): Sanjorge, Carballeda, Villamarín, Javi Balchada, Morgan, Quirós e Carlos. Agochados no mesmo orden: Capi, Carliños, Jose, Celso e Vilariño. Moitos recordos nestas dúas fotografías, tan lonxes, tan cerca.
No hay comentarios:
Publicar un comentario