viernes, 9 de noviembre de 2012

Benvido a Pontevedra.

Un dos carteis que daba a benvida a Pontevedra e que estaba na ponte da Barca, detrás do panel, a casa de pedra dos Gago onde comenzaba a rúa Echegaray, e a dereita, o "camiño" que era entonces o Paseo de Colón onde xa estaba caseque acabado o edificio dos Pedrosa (os da Ortopedia). No seu baixo estivo durante anos a "Sauna Finland" de moito uso polos xogadores do Pontevedra CF. nos setenta para os seus masaxes. Daquela ainda estaban os dous pontes de ferro sobre a trincheira do ferrocarril que xa non circulaba polo "paseo", que daban paso as rúas Monteleón e Almirante Matos, e que por aquél entonces a vella vía se estaba a convertir nun estercolero.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

A "parva" do Gremio de Mareantes.

O pasado domingo, Pontevedra viviu unha das súas xornadas máis tradicionais e arraigadas coa celebración da «parva» do Corpus , organizada p...