Grazas, grazas e douscentos mil grazas, nunca imaxinei que o e que comenzei como un proxecto persoal xa fai dezaoito meses atrás iba a ter todo este torrente de visitas. Comenzei alá polo mes de xullo do 2011 escaneando as vellas fotos que fun gardando a longo de moitos anos, e acompañadas dunha breve descripción das imaxes, en moitos casos pequenas historias da miña nenez e enfancia, as fun subindo ao blog para asi podelas compartir cos meus amigos que están lonxe, craro que, esto da "interné" e das redes sociais e toda unha aventura e nunca se me pasou pola miña cabeciña que unha cousa tan deiquí fora a ter tanta aceptación. Quero dar as grazas a todas as xentes que desinteresadamente están a colaborar conmigo con súas aportación de fotografías, pero sobre todo destacar a Carlos Fiuza do Cica da Virxe do Camiño, que sempre me está a animar para que non o deixe nunca, a Jose Luis que de vez en cando sorpréndeme con as súas maravillosas fotos, e que todos podemos visitar grazas a exposición permanente sobre Pontevedra que ten no seu negocio, a librería "Follas Verdes" en San Pedro Alcántara, e xa por último a meu bo amigo o fotógrafo Antón Babío sempre disposto a bucear no seu impresionante arquivo fotográfico persoal en busca da foto que eu nunca encontro. Tamén as grazas a Fernando Moldes e o Concello de Pontevedra que con as súas aportacións fan que todo isto siga adiante e podamos seguir disfrutando da "vellapontevedra". Moitas grazas.
Na imaxe darriba unha fotografía de Zagala do Museo de cando a Pontevedra era mariñeira. A zona, a Moureira Darriba, chegando as Corvaceiras, ao fondo, a esquerda, Mollavao e, a dereita, noutro lado do río, A Puntada, a que fora a zona de baños de moitos pontevedreses durante moitos anos. A imaxen é de 1900.
Na imaxe darriba unha fotografía de Zagala do Museo de cando a Pontevedra era mariñeira. A zona, a Moureira Darriba, chegando as Corvaceiras, ao fondo, a esquerda, Mollavao e, a dereita, noutro lado do río, A Puntada, a que fora a zona de baños de moitos pontevedreses durante moitos anos. A imaxen é de 1900.
Grazas a ti, por achegarnos tantas e tantas lembranzas, polo teu traballo e esforzo.
ResponderEliminar