jueves, 30 de enero de 2014

A Bombonería Marilé.


Arriba Daniel Pirelo e o seu fillo Ricardo no negocio
familiar a principios dos cincuenta. Abaixo, montados
na bicicleta, Ricardo e María José na rúa do Oliva,
pasando por diante de Casa Viñas (primeiro plano) e
deixando atrás a "El Globo".
No número 16 da pontevedresa rúa da Oliva vivia Daniel Pirelo e a súa muller Virginia, ocupaban o primero e segundo piso xunto cos seus fillos, María José, Daniel, Ricardo e Chicha. Formaban o "clan" dos Pirelo, apelido moi coñecido na historia popular da nosa cidade e, sobre todo, no Libro de Ouro do Pontevedra Clube de Fútbol. En 1950 no baixo da casa, no portal, o pai montaba a Bombonería Marilé, que era como se lle conoñecía nos primeiros meses de vida do "quiosco" ata que pouco a pouco foi quedándose en a Bombonería de Pirelo. Así a coñecín eu. Aquel portaliño co seu mostrador de mármol e a sua balanza ao peso para a venta de bombóns Suchard, Nestlé ou Valor, e cheo de aquelas bolsiñas pechadas con celofán xa preparadas con amplo surtido, ou as caixiñas redondas e que eran de cor roxo repletas de dulces e que ocupaban a estantería da esquina do pequeno negocio familiar. Moitos anos pasando por diante da de Pirelo camiño das "sesións infantis" e encher os bolsillos con pipas ou caramelos para ver a película dos domingos no Teatro Cine Malvar.

María José na "Bombonería Pirelo" ata 1990, ano do seu peche.
Víviamos na Pontevedra en branco e negro. Eu, na rúa San Sebastián, xunto con toda a rapazada da Verdura e da Ferrería, estábamos todo o día na rúa, a televisión apenas existía. Os partidos de fútbol na Ferrería coas pelotas Gorila, xogar a "polis e cacos" entre as columnas da Verdura ou a "varanda" despois de misa estaban a orde do día. O Carrillo de María ou o posto de Papiri nos soportales eran onde nos gastabámos a paga dos domingos, e o que podía ata se permitía o luxo de comprar na pastelería de "Prieto" en Manuel Quiroga ou, vistar a da "Duquesita" na Praza da Peregrina, claro que o presuposto non daba para moito. A min dábanme 5 pesetas, das de antes, e con ese diñeiro tiñas que ir ao cine e o que sobraba gastalo no que poideras.

Pantalla do Cine Malvar onde os domingos eran as "sesións infantís" e que os rapaces de entón enchíamos para disfrutar das películas. Foto Pintos/Museo de Pontevedra.


O "Malvar" era a nosa casa dos domingos, non quedaban butacas libres nas sesión infantis das tres e media e claro, non podía faltar o ruido das pipas, as palomitas, as bolsiñas de carameliños ou o chicle que logo pegabas debaixo dos asientos.  Visita obrigada era, antes de ver a película, entrar na de Pastelería de Capri e comprar a bolsa dos "besitos" que che daban 10 por unha peseta a pesar de non saber que raio era o que comías ainda que había a lenda (certa, o mesmo que das trufas) de que eran todos os restos da bollería que lle sobraban aos pasteleiros e que aplastaban en forma de "galleta" para poñela á venta, claro que por unha peseta tampouco nos queixábamo moito entón.

A entrada da rúa Oliva (ou final), ainda con semáforos, ao fondo
na Praza da Peregrina, negocios históricos de Pontevedra como
"Pedrosa" ou a pastelería "A Duquesita".
O negocio familiar dos Pirelo que empezara chamándose "Bombonería Marilé" mantívose na rúa da Oliva 40 anos e, coma todo, o progreso fixo que desaparecera en 1990. Tamén na mesma rua enfrente das oficiñas de Correos tiñan o "Bazar Castillo" que colindaba coa Librería Papelería de Luis Martínez Gendra e que o atendía a irma de María José, Chicha, pero iso o contaremos noutra ocasión. Soio me queda desde aqui darlle as gracias a María José, primeiro, por cederme unhas verdadeiras xoias en forma de imaxes, e segundo, por facerme volver a recordar a verdadeira historia da nosa vila, á de as súas xentes.


O "Carrillo de María" na Ferrería,  xa convertido en quiosco, e o posto de "Papiri" nos Soportales foron "proveedores" dos nenos dos sesenta e setenta. (Fotos: "Pontevedra, o día que perdemos o mar". Victor Freixanes/Xoán Vilar).

1 comentario: