lunes, 4 de marzo de 2013

The End.

Son un nostálxico, o recoñezo, non puiden evitar soltar unha lagrima vendo a montaxe do desaparecido "Teatro Cine Malvar" grazas a colaboración de xente que sigue o blog coas súas fotos. Triste, moi triste ver como un recuncho da nosa historia acabou en escombro. Moitos rapaces recordarán as matinais do Malvar, onde a xuventude pontevedresa dos sesenta, intentaban cos seus grupos musicais, emular os cinco "chicos" de Liverpool. Os da miña xeración, o que teremos sempre presente serán as colas que facíamos para as sesión infantís das 3:30. Ibamos repletos ata o que a nosa paga no lo permitía de pipas, cacahuetes, chicles, ou regalices e todo o que os nosos bolsillos nos deixaban encher. Sempre recordarei comprar os "besitos" de Capri ou facer unha parada para as "provisións" na de Pirelo na rúa Oliva ou nos postos diante de "Electricidade Romero" na fachada do ciñe. Xa dentro, algúns ata se permitían beber unha gaseosa no bar. Despois a película onde vibrábamos con aqueles decorados de Maciste nas películas romanas ou ata intentábamos meternos na pantalla cando saía o malísimo"Fumanchú". Por alí pasaron os festivales de "Tom e Jerry" ou "Gordo e o Flaco" e sobre todo, vaqueradas, moitas vaqueradas. O "The End" marcaba o encendido das luces e como, no abrir das portas, na saida, xa estaba esperando na galería unha cola de mozos e mozas que chegaba ata a rúa García Camba para as sesións de maiores do Teatro Cine Malvar, as das 5,15.


malvar from Jose Valero Casal on Vimeo.

2 comentarios:

  1. Amigo Valero, Impresionante el vídeo.Buen trabajo!

    ResponderEliminar
  2. Yo pertenezco a la generacion de los setenta y estuve en ese teatro y tampoco he podido evitar las lagrimas,siempre que paso por alli lo recuerdo,escelente trabajo Valero¡

    ResponderEliminar