lunes, 4 de marzo de 2013

A Pontevedra que puido ser.

Imaxe dos primeiros anos do século XX da Pontevedra máis mariñeira no barrio da Moureira. Coa pleamar a auga entraba case que na parte de atrás das casiñas de entón do Campo da Torre onde estaba (e está) a Praza de Touros. Anos despois e non sei porque extrana razón decidíuse vivir de costado o mar e comenzaron os recheos do que coñeceríamos como beiramar ou (hoxe) o "Paseo das Corbaceiras". As barquiñas foron sustituidas polos coches e a auga polo asfalto e a vista mariñeira que podíamos ter tido convertíuse no que mostra a fotografía dabaixo na actualidade. A rúa aberta nesa zoa é, hoxendía, a de Victor Said Armesto, a que sube desde o río ata a Praza de Touros, onde está "Electrodomésticos Eduardo." Algunha horta de fai cen anos ainda queda o lado da casiña blanca na curva de rúa.


1 comentario:

  1. Aún nadie se había enriquecido con atentados urbanísticos ni se había cubierto la plaza de toros con una total falta de respeto.

    ResponderEliminar