Electricidad Romero na rúa García Camba. |
Os Carballeda. |
Ademais de vós hai máis familia?.- Javier: Si, bailan connosco os meus dous sobriños, Jose e Sebastián, fillos de Argimiro, e a miña prima Alejandra. Pódeis comprobar que, afortunadamente, esta tradición familiar ten herdeiros e ogallá sexan por moitos anos.
Houbo un tempo en que saïades fóra da cidade.- Argimiro: Si, ao Concello de Pontevedra lle chegaban bastantes peticións de fóra de Pontevedra onde querían ver bailar aos Xigantes e Cabezudos, grazas a isto era unha forma de coñecer as festas populares de moitos pobos de Galicia.
Os Cabezudos eran habituais nos programas de man como este do 73. |
E chegastes a coincidir as tres xeracións dos Carballeda algunha vez?.- Argimiro: Pois se, Nas Peregrinas a principios da década dos anos setenta, o meu pai bailando un dos xigantes negros e nós os dous de cabezudos.
E cambios, algún cambio haberá neste máis de medio século bailando polas rúas de Pontevedra.- Javier: Por suposto, antes a chavalada quería participar en todo e agora non e en canto ao material das figuras agora é máis lixeiro, antes rematabas reventado porque pesaban moito. Levo xa hai anos bailando un dos xigantes, o Rei, e os esqueletos das figuras antigas eran de madeira e para levalos había que estar en forma. Agora os novos son máis lixeiros e lévanse como unha pluma. Desgraciadamente aqueles gigantones de máis de cincuenta anos en vez de conservalos e restauralos remataron no lixo. Unha mágoa.
Xigantes e Cabezudos pola Ferrería no ano 1882 nun debuxo de Gerardo Meléndez. |
Unha cousa, o santiño dos Lorán era San Mauro Abade ou San Amaro en galego.
ResponderEliminarSaúdos
Gracias al autor de este dibujo, que nos permite ver la iglesia de la Peregrina en todo su esplendor, sin las medianeras que han levantado los especuladores.
ResponderEliminar