Hoxe luns inaugúrase "oficialmente" a exposición ao aire libre que está a facer o meu amigo Fernando da asociación "Amigos de Campolongo" xunto coa colaboración do Concello de Pontevedra e que dende hoxe xa se pode visitar diante da Igrexa de San Xosé no histórico barrio. Os paneis coas fotografías xa están colocados e xa se poden disfrutar. Vale a pena achegarse ata a explanada e contemplar a emotiva serie de imaxes das xentes da vella Pontevedra. Na foto de abaixo, Manilo o gran siareiro granate, xunto coa súa irmán (esquerda), Clara e a filla de ésta, Mary; Ino, o vendedor de lotería nunha foto de Antón Babío feita no mercadillo da Verdura; e a Señora Lola, a lavandeira, toda unha institución no Pontevedra Clube de Fútbol son algúns dos persoaxes que podemos volver a recordar. Gran traballo.
Me gustaría saber si se puede recuperar una foto de la exposición, que tiene un gran valor sentimental para nosotros, gracias.
ResponderEliminarMandame un mail a este correo: josevalerocasal@gmail.com diciéndome que foto es y si puedo te la mando.
ResponderEliminarMoitas grazas.
Eliminar