Apenas teño imaxes de ver xogado ao Pontevedra en Pasarón na época do "hai que roelo" somentes algún recordo de ir da mán de Antonio Villamarín, o carpintero da rúa San Sebastián, e ver os miles e miles de siareiros que ata o Estadio do Burgo se achegaban. Tamén, non sei porqué, teño unha alineación metida na cabeza desde neno: Cobo, Irulegui, Batalla, Cholo, Calleja, Vallejo, Antonio, Martín Esperanza, Roldán, Neme e Odriozola, que podo decir de corrido hoxe en día sen equivocarme. Agora que estos días anda o Pontevedra xogando a "Fase de Ascenso" e intentando sair do pozo da Terceira División recuperamos esta xoia histórica do partido de liga xogado no Estadio Santiago Bernabéu en 1968 e que foi televisado para toda España por RTVE con os comentarios de Miguel Ors. Polo equipo branco xogaron: Betancort; Calpe, De Felipe, Sanchís; José Luis, Zoco; Miguel Pérez, Amancio, Grosso, Velázquez, e Gento e polo Pontevedra: Cobo, Irulegui, Batalla, Cholo, Calleja, Suso, Fuertes, Antonio, Barros, Riveros e Odriozola. O resultado foi de 2-2 non está completo pero hai 60 minutos para disfrutar.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
A "parva" do Gremio de Mareantes.
O pasado domingo, Pontevedra viviu unha das súas xornadas máis tradicionais e arraigadas coa celebración da «parva» do Corpus , organizada p...
-
Zona totalmente desconocida en la actualidad, situada entre la calle Sierra, Cobian Roffignac y el Convento de San Bartolomé. El Hogar Provi...
-
Adonis junto a su amiga Olguita en 1973. Corriamos asustados delante de "Manoplas", cabreábamos a "Neno" con su Dep...
Si el resutado fue 2-2 falta el jugador Barros, creo que ya fallecido, pues marcó el segundo gol del Pontevedra.
ResponderEliminar