Grazas a un bo amigo como é Jose "Mazinguer" podemos volver a recodar o ascenso a Segunda "B" do noso Pontevedra. A tempada que ven faranse trinta anos do logro, cando o clube granate acadaba o ascenso de categoría no campo de Ipurúa en Eibar. Centos de siareiros acompañaron ao equipo para sumarse a festa sobre o terreo. No primeiro partido xogado en Pasarón os do Lérez habían gañado 3-0, ainda recordo o último tanto de Jose Emilio cando foise de todos cantos lle salían e, en xogada personal que a firmaría Mesi, anotaba o terceiro gol que daba a tranquilidade para viaxar a terras vascas. O video, caseiro, é unha auténtica xoia que estaba gardada na casa dun bo pontevedrés e granate como é Jose e permítemos recordar con nostalxia en máis de dúas houras a chegada ao campo dos pontevedreses comandados pola peña "Petapouco". O partido vai con "narración" incluida de Jose. A festa final sobre o terreo de xogo de toda a xente de Pontevedra é apoteósica e ver bailar unha muiñeira ao "Secre" ao final non ten prezo. Que o disfruten. Añadin tamén o video da chegada o día seguinte do equipo e como miles de siareiros o recibíamos polas rúas de Pontevedra ata o balcón do Concello. Esperemos que o ano que ven haxa festa.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
A "parva" do Gremio de Mareantes.
O pasado domingo, Pontevedra viviu unha das súas xornadas máis tradicionais e arraigadas coa celebración da «parva» do Corpus , organizada p...
-
Zona totalmente desconocida en la actualidad, situada entre la calle Sierra, Cobian Roffignac y el Convento de San Bartolomé. El Hogar Provi...
-
Adonis junto a su amiga Olguita en 1973. Corriamos asustados delante de "Manoplas", cabreábamos a "Neno" con su Dep...
No hay comentarios:
Publicar un comentario