sábado, 16 de febrero de 2013

Ravachol.

Un ano mais o enterro do loro de Don Perfecto pon fin as festas dos carnavais en Pontevedra, dende fai moito tempo arraigado nas xentes, non so de eiquí, senon de toda Galicia. A participación, cada ano que pasa, é espectacular, por iso dende equí un recordo a todas aquelas xentes da "Discoteca Shiva" que grazas a aqueles "desfiles" de verán que enchian de disfraces as rúas da cidade nos anos oitenta remataron convertíndose no que hoxe conocemos como o Entroido de Pontevedra. Xa van para caseque trinta anos dende o primeiro enterro do Ravachol e unha das persoas que durante moito tempo foi a encarregada, entre outras, da confección do "traxe" do loro era Viviana Araujo e que, de novo, grazas a ela podemos voltar a vista atrás e recordar a historia do Loro Ravachol en imáxenes nesta páxina:  http://pinterest.com/ravachol1985/ravachol-1985-2002/

O primeiro enterro do Ravachol na Ferreira no ano 1985.

No hay comentarios:

Publicar un comentario