sábado, 22 de diciembre de 2012

O conto de "Petete".

Grazas o meu bo amigo Ramón Pedras "Petete" podemos disfrutar do conto xa publicado hai tempo e que vai pola segunda edición sobre a vida do pirata pontevedrés nado no histórico barrio mariñeiro da Moureira en 1805, Benito Soto. O libro fai un percorrido sobre a vida e andanzas do último pirata do Atlántico, e que foi o terror dos mares entón, e para que poidan disfrutar os nenos do libriño coloreando cada unha das súas paxínas e coñecer un pouco parte da nosa historia. Que mellor regalo para estas festas que o conto de Petete, claro que tamén podemos adicarnos a buscar nestas vacacións de nadal cos rapaces o tesouro que deixou na cidade antes de partir no que ía ser o seu último viaxe. Din que está soterrado no edificio da Casa das Campás, antigamente o Bar Pitillo, e para moitos que foron nenos nos sesenta, o Colexio de Canducha.


2 comentarios:

  1. Gracias por la información.¿Donde se puede conseguir?

    ResponderEliminar
  2. Ultimamente se ten valorado moito a figura de Benito Soto, pero a verdade é que foi dunha crueldade enorme. O seu sustituto foi Barbazán, do que no se fala case nada. Non quero dicir que non teñan importancia como fenómeno propio dunha época, pero outra cousa é valoralos como si de benefactores se tratase. De todas as formas a publicación da que se fala aquí é curiosa e non contradice a miña opinión sobre o personaxe.

    ResponderEliminar