martes, 25 de diciembre de 2012

Nadal na Verdura.

Todo un "pistoleiro", con meus irmáns Rafa e Toño
nas festas de Nadal de 1965.
Unha semana antes das vacacións do Nadal no colexio adornábanse todas as aulas con debuxos que facíamos os alumnos, algúns nos presentábamos voluntarios para ir a recoller o musgo que caseque sempre íamos apañalo á zona de Monteporreiro, ata alí nos levaba o Seat 1.500 branco de Don Manolo, o director da Academia Cervantes, e nos deixaba toda a mañán ata ter enchido as caixas. Facíamos o nacemento que se instalaba nun dos pasillos do centro que estaba na Praza Méndez Núñez e o último día de cole se facía unha grande festa onde podíamos comer de todo, daquela o árbore de Nadal apenas existía. As miñas primeiras festas que eu recordo son as da "Verdura". Todo o día na rúa xogando entorno a fonte de ferro que daquela estaba na parte de enrriba xusto enfrente da que era entón a "Casa das Augas", hoxe oficiña de Turismo do Concello de Pontevedra. Os sábados decenas de postos enchían a vella praza de pedra de postos no seu mercado semanal, ó rematar collíamos as caisas do lixo e facíamos trampas para "pillar" algunha pomba e facernos con algunha das suas plumas para convertirnos en "indios" e asaltar o forte dos vaqueiros que non eran outro que as columnas das casiñas da Praza da Verdura. Eu sempre coa miña cartucheira e pistola que non sei porqué sempre me deixaban os Reis Magos, seguro que mirábanme cara de foraxido.

Foto de familia na Ferrería.
Apenas recordo moito das celebracións en casa, pero o que si sempre quedoume foi o olor a coliflor e bacallao que había en toda a a casa o día de Noiteboa e que aínda seguia na comida do Nadal. A miña casa estaba na Rúa San Sebastián, era un baixo moi humilde e alí vivía xunto aos meus avoos, a miña nai, a miña tía Marisa e os meus irmáns Rafa e Toño. A casa estaba enfrente do famoso "Bar Alejos" e ao lado de Regueira o fontaneiro. Ahí pasamos ata finais da década dos sesenta todas as navidades da miña nenez. Eran unhas festas moi relixiosas acorde coa España en branco e negro que nos tocaba vivir, ainda que os que eramos nenos no nos enterabamos moito. Era "obrigado" ir a misa os Domingos e na nosa parroquia de San Bartolomé a de o día de Reis non faltaba nadie xa que nun dos pasillos da igrexa había unha exposición de xoguetes onde cada rapaz podía coller un. Daquela xa tiñamos televisión, era un Askar, e os Domingos sempre a casa enchíase de tíos e primos para vela. A min que sempre me gustaba o fútbol esperaba os luns para ver o programa "Ayer Domingo" onde emitían todos os goles da xornada e por suposto os do noso "Hai que Roelo" que estaba a causar sensación por todos os campos do estado.

A esquerda, Benita e a súa neta Beni Arán (comendo pipas). A dereita, a avoa de Chón (a nena que está a sonrreir), a miña avoa e Lira a nai de Chon, todos veciños da rúa.
Meu irmán Rafa, todo un vaqueiro, co pastor
alemán de Chón.
Non vivía moita xente na Rúa San Sebastián xa que a maioría das casas eran a parte de atrás das que había na Ferrería e San Román e polo outro lado as de a Praza de Curros Enríquez, onde estaba os almacéns da Ferretería de Varela, Peral ou a librería de Luís Martínez Gendra. Na rúa empedrada estaban o Bar de Papiris e o baixo de uns da Churrería Galiano onde fartábame a comer as patacas fritas que alí facían.
O negocio de os de maior actividade era a Peluquería de Catusa, ao lado da carpintería do seu marido Antonio, que estaban no baixo da casa de Don Carlos Hidalgo Valero que traballara na vella cárcera (creo) de Director. Enfrente de nós estaba a casa da familia Arán onde eu pasábame máis tempo que na miña, recordo moito a avoa Benita que era a xefa da casa dos Arán, Pepe, Cuco, Beni, Chachi, e a nai de todos estes. Tamén estaba o almacén de Juan o do Bar Coral na Peregrina, onde traballaba Diego moitos anos portador da carroza da Peregrina, e que logo se ía a convertir no Coralín. Na casa de o lado vivía Celia cos seus fillos e dous portas antes estaban os da Imprenta "El Pueblo" ainda que a entrada era pola Rúa San Román todolos días "oíamos" o soniquete das másquinas tipográficas do taller.

Celia cos seus fillos, na porta da súa casa, e
xunto a miña Tia Marisa e Chachi Arán.
Veciños de porta eran os Papiris que vivían encima da fontanería de Regueira, onde un dos seus fillos Fernando era compañeiro de xogos e de colexio e tamén estaban a familia de Chon que vivían encima de nós e o seu cachorriño de pastor alemán. Caseque o final da rúa ata a Praza da Verdura vivía Encarna á que me a encontro todos los días xa que e veciña desde fai moitos anos da Moureira.
Na Verdura os meus amigos de sempre, Javier Carballeda o fillo do electricista que traballaba en "Electricidad Romero" e de "La Asturiana" que tiña un posto no mercado; Carlos; Jose Carlos "O Secre" de toda a vida do Pontevedra, Ramón o fillo do cesteiro da praza; os "venezoláns" Nancy Koromoto e o seu irmán, e os seus primos os Simal; Joselito; os fillos de Fidela e Isidoro o dos zapatos e que sempre lle cantábamos aquela estrofa que decía: "Adios muchacho compañero de mi vida/cara podrida, nariz de trapo/tienes la cara más podrida que un zapato/de los que vende Isidoro el más barato..." Todos estos xunto con Jose e a súa irmán Ana eramos os nenos que conformábamos a pandilla e que en tempos de vacacións, de Nadal disfrutábamos xogando na Praza da Verdura. A finais dos sesenta deixamos a casa e nos trasládamos a vivir a unha rúa de apenas coarenta metros chea de terra e pedras, moitas pedras e que se chamaba Monteleón, ahí escomenzou a segunda etapa da miña nenez. FELICES FESTAS.

1 comentario:

  1. Grazas polas tuas lembranzas.Felices Festas para tí é a tua familia tamén.Unha aperta!

    ResponderEliminar