Paco, toda unha vida de fotografía e que se retirou os 72 anos. |
Como cada semán dende hace caseque vinte anos Paco acude a súa cita do sábado con Santiago Moreira o barbeiro de unha das peluquerías mais
antigas da cidade na rúa Bastida, o lado do Concello de Pontevedra. Alí cóntame como un fatal accidente trala explosión dunha botella chea de magnesio que usaban os fotógrafos nos anos cuarenta fixo que Paco sufrira a amputación da súa man dereita e quedara medio inutilizada a esquerda. Poucas expectativas laborais lle esperaban, tras elexir como modo de vida a fotografía, pero a ilusión e a forza de vontade deste home fixeron que dous anos despois do terrible suceso, e xa recuperado, Francisco voltara a traballar coa sua cámara. Este veciño de Tomeza do "clan" dos "Mansos" fixo a mili destinado en Tánger e cando se licenciou no ano 1944 comenzou a traballar como fotográfo de rúa. Tres anos despois montou o seu propio "estudio" Foto Paco, que non era mais que o portal número tres da pontevedresa Rúa da Peregrina e xunto a populares establecementos como "Jomafer" ou o que fora bar de Juan o "Coral" hoxe en día "Cafetería Chipén, ou enfrente dun histórico bar como era o "Pajariño". Alí podíamolo ver sentado detrás do mostrador atendendo os seus clientes. Frecuente era velo o día de Reis pola Ferrería fotografiando a todolos nenos cos seus novos xoguetes ou inmortalizando coa súa cámara a moitas xeracións de pontevedreses o día das Palmas ou nas Festas da Peregrina, ademáis de traballar como corresponsal para a axencia de noticias EFE e tamén para o Faro de Vigo.
Paco o "manco" casou con Carmen a súa muller de toda a vida coa que vive retirado en Salcedo con 91 anos. Tiveron a cargo un sobrino afillado que se chamaba Pacucho ao que coñecín, e que era un neno alá nos anos sesenta que formaba parte da pandilla de rapaces da Ferrería, alí o recordo cando xogábamos os partidos de fútbol na histórica praza ata que nos botaban fora os populares "bacenillas". Desgraciadamente Pacucho xa fai moitos anos que non está con nos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario