sábado, 15 de junio de 2013

O campo da Barca.

Imaxe de Pontevedra desde a Caeira da Pontevedra dos anos coarenta onde a Basílica dos Mareantes erguíase vixiante sobre o horizonte da nosa cidade. Na zoa de Poio, en primeiro plano, un despoblado monte ainda non agredido e o descampado da Ponte da Barca, onde nos inicios dos setenta moitos partidiños de fútbol xogabamos ahí nese terreo cheo de herba e pedras e coas porterías feitas de madeiras de eucalipto e a chalana preparada para cando o balón caía nas augas do Lérez. O final os encontros acababa, coma case sempre, a tortas, "diferencias" de barrios que había entón. A foto vale a pena ampliala para disfrutar dos detalles, como por exemplo a casa de pedra dos Gago, na entrada do Paseo de Colón  aínda en construcción.

Postal: Numismática Sarmiento. Pontevedra.

1 comentario:

  1. Hola, en editorial Temporae (www.temporae.es) estaríamos interesados en publicar un libro de fotos antiguas de Pontevedra, o comparativo de Ayer y Hoy...
    Un saludo,

    ResponderEliminar