jueves, 12 de julio de 2012

40 anos atrás.


Un bo exercicio para recordar parte do noso pasado é sumerxirxe nesta vista xeral (pinchando na imaxen) da nosa cidade no ano 1965, onde podemos ver unha cidade deserta e sen a locura do tráfico de hoxe en día. Apenas automóviles polo vello asfalto das súas rúas. Na fotografía aérea pódese contemplar a beleza das casas "señoriais" desgraciadamente desaparecidas. Ainda que o "progreso" estaba a comezar era Pontevedra unha cidade de "pouca" altura. Na fronteira do meu barrio, a esquerda da imaxe, xa non estaba a casa dos "Patiño" xa a habían levado pedra a pedra para Sanxenxo e no seu sitio, quedou a explanada que logo sería ocupada pola inmensa mole de pisos do edificio dos funcionarios da Deputación no que na súa azotea "rezou" durante moitos anos o famoso anuncio da "Caja de Ahorros de Pontevedra" que se podía ver dende moitos kilómetros, o seu lado, enfrente o Bar Carolo, estaba o surtidor de gasolina na rúa Alameda. Cara abaixo, o lado do que é hoxe o "Restaurante Alameda" tamén estaba a casa dos Pazó. Arriba despois de cruzar o casco histórico unah vista do "salvaxe" Río Lérez que estaba a ver como, desgraciadamente, empezaban os recheos da inmensa xunqueira. Detrás dela podíase contemplar o novo paso do ferrocarril que se iba a inaugurar un ano despois de feita esta fotografía, no 1966 e que cruzaba A Seca. Más abaixo deste barrio xa estaba funcionando a empresa de Tafisa e o seu lado habían construído o "Estadio de La Juventud" coa súa piscina pública na que tantas e tantas veces trágamo-lo cloro bañándonos.

O "Vergel" antes de construirse o "instituto masculino".
Xa na "cidade nova" moitos edificios en construcción e, para desgracía de nós, comenzaban a estropear o entorno do Santuario da Igrexa da Peregrina con esas moles de ladrillo e que agora están intentando recuperar desfacendo o entuerto. Xa por último As Palmeiras cos seus famosos "bambanes" e a súa mona e despois de cruzar a vía do tren que ainda circulaba por Raiña Victoria estaba o "Vergel", ocupado despois polo vello "instituto masculino" Sánchez Cantón, e onde tantas e tantas tardes os fillos de Erundino e Carmen, Francisco, Jose Manuel, Miguel e algunhas veces Gerardo, os do Bar Couto na Rúa Nova de Abaixo, Manolo e José Antonio, o fillo do ebanista Sanmartín "Nené", o do xardineiro Pintos, Monchiño; Toni o fillo do sastre da nosa rúa Rogelio en definitiva a miña "pandilla" pasábamos tantas e tantas tardes xogando o fútbol intentando parecernos os nosos ídolos daquela, como eran os xogadores do Pontevedra clube de fútbol. Xa pasaron anos.

6 comentarios:

  1. Seguramente el partido de balonmano sería entre el Vulcano y el Teucro por la cantidad de gente que se ve.

    ResponderEliminar
  2. Fijándose en el primer plano de la fotografía se ve cómo una ciudad puede mejorar y no estropearse. Las palmeras, los tres edificios oficiales y la alameda, quizá la realización urbanística más importante de Pontevedra en mucho tiempo. La mayor parte espacios públicos.

    ResponderEliminar
  3. Quien se acuerda del nombre del hombre que está en primer plano y que tenia una magnífica pierna de palo (pata de palo)....

    ResponderEliminar
  4. Hola
    unha pregunta, falas da casa dos patiño levada a Sanxenxo pedra sobre pedra, non sei si estás a referirte ao pazo dos marqueses de Patiño de Sanxenxo, toda a información que atopei fala del como si estuvera sempre en sanxenxo. Agradezoche si tes mas información porque isto e novo para min.
    graciñas polo teu blog
    carlos

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Esa casa estaba en la Alameda de Pontevedra, concretamente donde está ahora el edificio de la cooperativa de la Diputación.

      Eliminar
    2. Es la primera casa que se ve cortada en esta imagen: http://vellapontevedra.com/galerias/patino.jpg y que está en la entrada de Sanxenxo, al lado de la iglesia. Saludos.

      Eliminar