|
Os Larriba, Amador, Julio e José que vivian no 92 de Joaquin Costa, na casa do "Maño". |
A finais do ano pasado cumpríronse 75 anos do famoso "Pacto das Palmeiras" no que dous equipos fusionáronse para que nacera o Pontevedra CF, un deles era o Alfonso e o outro o Eiriña. Éste xogaba os partidos no campo do Progreso que tomaba o nome da rua que saía desde A Peregrina hasta a que se coñecía como carretera de Ourense, enfrente da fachada do Hospital Provincial.
|
Un Eiriña-Celta do ano 1926 no Progreso. |
O campo era o comenzo do barrio histórico pontevedrés e alí centrábase case que toda a actividade deportiva da cidade ademáis de outros eventos. Estaba situado entre as rúas Cobían Areal (unha lateral do hospital provincial), a xa dita rúa Progreso, e polo sur Joaquín Costa. Curioso era ver ─aínda que para a época non─ que non tiña vestiarios e os equipos tiñan que cambiarse nos edificios colindantes como eran o Taller de Alfonsin ou Bar Carballinés que estaba enfrente da taquilla.
O barrio da Eiriñia hoxe caseque inexistente polo crecimiento urbanístico da cidade segue na memoria das moitas xentes que ali viviron e Enrique Fariña Pérez, xa fai uns anos, encargóuse de que ditos recordos permañeceran por sempre nun libro e por iso dámoslle as grazas a familia por permitir a través deste enlace que poidamos coñecer como era a vida dun barrio tan histórico como o da Eiriña.